Cámara de Comercio e Caixanova organizan o IV Concurso de Escaparates de Nadal

A campaña de Nadal xa está na rúa e é, con toda seguridade, o próximo obxectivo para o comercio. Así, os meses de novembro e decembro convertéronse dende hai algúns anos nun período no que a imaxinación e a orixinalidade son o mellor reclamo para atraer os clientes e fomentar as vendas. Por iso a Cámara de Comercio de Vigo quere premiar o esforzo e traballo dos comerciantes nestas datas tan sinaladas, e tras un exercicio de novo economicamente complicado.

Ver nota de prensa