Certificados de orixe

O certificado de orixe serve para acreditar fronte á autoridade aduaneira de importación que a mercadoría que nel se detalla se fabricou ou se produciu no país que se indica como orixe.

A acreditación da orixe resulta imprescindible para determinar o arancel aplicable á importación e os réximes preferenciais derivados de acordos entre ambos os dous países.

A administración aduaneira poderá de oficio e aleatoriamente realizar os oportunos controis "a posteriori" para comprobar a autenticidade dos documentos de orixe e os datos contidos neles.

O Certificado de Orixe deberá conter todas as indicacións necesarias para a perfecta identificación das mercadorías a que se refira (número, natureza, marcas ou numeración dos vultos, descrición da mercadoría, pesos bruto e neto, nome do expedidor, etc.).

Por último, deberá certificar que a mercadoría que se detalla é orixinaria dun país determinado, a través de distintos documentos que se solicitarán no momento da presentación do certificado. Os modelos orixinais recóllense na Cámara de Comercio de Vigo e deben vir cumpridos, asinados e selados pola empresa.

Plantilla para la cumplimentación del Certificado de Origen

Aviso: A impresión deste arquivo debe facerse sobre o formulario oficial de Certificado de Orixe facilitada pola Cámara de Comercio de Vigo.

 

           

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago