Servizo Tecnolóxico

¿En qué consiste o Servizo tecnolóxico?

O Servizo Tecnolóxico, é unha iniciativa que intenta poñer en contacto ás empresas que teñan algunha demanda técnica específica, coa amplísima reserva de especialistas de que dispoñen as universidades de Galicia, a través da Fundación Empresa-Universidade de Galicia, FEUGA.

¿A quén vai dirixido o Servizo tecnolóxico?

A tódalas empresas da demarcación da Cámara de Vigo. É dicir, a aquelas que desenvolvan a súa actividade nos municipios de Baiona, Gondomar, Mondariz, Mondariz-Balneario, As Neves, Nigrán, Ponteareas, Salvaterra de Miño e Vigo.

¿Cómo acceder ao Servizo tecnolóxico?

Poñéndose en contacto coa Cámara, a través do teléfono 986 43 25 33, fax 986 43 56 59, por correo electrónico na dirección Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo .

¿Qué necesidades cobre?

Calquera necesidade tecnolóxica que poda ser asumida polos técnicos das universidades de Galicia, en tódolos ámbitos da actividade da empresa: contables, organizativos, de xestión, tecnolóxicos, etc...

¿Qué fases ten o servizo?

A partir dun primeiro contacto na Cámara, os técnicos da Cámara e de FEUGA, determinarán, en conxunto coa empresa, as súas necesidades concretas. A continuación, porase á empresa en contacto cos técnicos e departamentos universitarios correspondentes, de modo que se estableza un diálogo. En caso de acordo, a empresa asinará un contrato de servizos para o desenvolvemento do proxecto correspondente. Os técnicos da Cámara e de FEUGA farán o seguemento do proxecto.

¿Ten algún custo?

O Servizo de Asesoramento, é dicir, a búsqueda dos recursos que podan resolver a demanda concreta dunha empresa, é gratuito. Sen embargo, o desenvolvemento específico de cada proxecto estará suxeito a un contrato con contraprestación económica que dependerá de cada caso.

           

femdom-scat.net
femdom-mania.net
hot-facesitting.com