Certificados dixitais

A Cámara de Comercio de Vigo, como Autoridade de Rexistro de Camerfirma, ofrécelle a posibilidade de obter o seu certificado dixital.

¿Qué é e para qué sirve un certificado dixital?

Un certificado dixital é o equivalente electrónico a un documento de identidade. Permítenos identificarnos, asinar e cifrar electronicamente documentos e mensaxes.

O certificado dixital garante

  • A integridade dos datos transmitidos.
  • A súa procedencia.
  • A detección de calquera modificación que poida sufrir.

Estas utilidades son de gran valor á hora de realizar trámites a través de Internet coas Administracións Públicas, coas Cámaras e outras institucións, de xeito áxil e seguro. Evitan desprazamentos e aforran tempo e diñeiro.

¿Para qué pode empregar o seu certificado dixital?

Co seu certificado dixital, poderá

  • presentar declaracións
  • pagar impostos
  • obter certificacións electrónicas
  • asinar facturas electrónicas
  • facer numerosas xestións ante a Administración Xeral do Estado
  • un crecente número de Autoridades das Administracións Autonómicas e Locais.

¿Cómo obter o seu certificado dixital?

Para solicitalo, visite a páxina web de Camerfirma: www.camerfirma.com , e realice a súa solicitude.

En breve recibirá un correo electrónico coa documentación necesaria para a súa obtención.

Acuda á Cámara de Vigo para acreditarse e finalizar o trámite, e finalmente o certificado lle será enviado por correo electrónico.

¿Qué é Camerfirma?

Camerfirma, certificado digital

Camerfirma é a Autoridade de Certificación Dixital das Cámaras de Comercio.

¿Qué certificados ofrece Camerfirma?

  • Certificados en software:
    • Certificado de Pertenza á Empresa: permite que o seu titular se identifique como traballador pertencente a unha empresa.
    • Certificado Dixital de Personalidade Xurídica: identifica a unha entidade con personalidade xurídica.
  • Certificados en tarxeta:
    • Certificado sen poderes.
    • Certificado con poderes.
  • Certificado de Servidor Seguro.
  • Certificado de e-factura