Tramitación SL e SLNE

A Cámara de Comercio de Vigo é un Punto PAIT (Punto de Asesoramento e Inicio de Tramitación da Sociedade Limitada Nova Empresa e da Sociedade Limitada).

Esto significa que:

  • presta aos emprendedores determinados servizos gratuitos,
  • e que dende a Cámara pódese realizar o trámite completo de Constitución dunha Sociedade Limitada Nova Empresa ou unha Sociedade Limitada.

Servizos

  • Informa sobre todo o relacionado coa creación de empresas, sendo unha das fontes principais de información e servizos, o Portal PEME.
  • Axuda ao emprendedor na elaboración/titorización do Plan de Empresa interactivo da DGPYME que permita amosar a viabilidade da idea empresarial.
  • Informa sobre temática empresarial xeral:
    • Financiación.
    • Fiscalidade.
    • Programas de axudas públicas.
    • Contratación laboral e Seguridade social.
    • Innovación empresarial.
    • Cooperación empresarial e internacionalización.

En canto ao trámite administrativo de constitución da Sociedade Limitada Nova Empresa (SLNE) e Sociedade de Responsabilidade Limitada (SL):

  • A Cámara cumprimenta o DUE e inicia a súa tramitación telemática.
  • Axuda a realizar a solicitude do código ID-CIRCE e a reserva da denominación social cando así o solicite un emprendedor que opte pola tramitación presencial.
  • Garda toda a documentación que aporte o emprendedor para levar a cabo a cumplimentación do DUE e a súa posterior tramitación.
  • En canto á Lei Orgánica de Protección de Datos, o PAIT observa unha serie de obligacións referidas ao uso correcto dos datos, a súa non divulgación a terceiros e a adopción das medidas necesarias que garantan a seguridade dos datos.
           

Desarrollado por Hacce . paginas web vigo, paginas web galicia, Coruña, Santiago