Programa PAEM

O Programa de Apoio Empresarial a Mulleres está promovido e cofinanciado polo Instituto da Muller e as Cámaras de Comercio; ofrece información e asesoramento personalizado a mulleres emprendedoras en calquera fase do seu proxecto.

A Cámara de Vigo xestiona este programa que pretende ser un instrumento eficaz para a creación e consolidación de empresas lideradas por mulleres.

Para iso pon á súa disposición diversas ferramentas que poderá empregar se se rexistra como usuaria:

  • recibir un boletín de información periódica
  • coñecer axudas e subvencións
  • realizar consultas on-line, con resposta en menos de 48 horas
  • contactar con outras empresarias, establecendo unha rede de apoio a nivel nacional
  • consultar documentación de interese