A Estratexia do Caracol

A Cámara de Comercio, Industria e Navegación fundouse en 1886 en "a Cidade de Vigo, e nunha das casas propiedade do Excmo. Sr. D. Manuel Bárcena e Franco, o noso moi digno Presidente, cuxo local ofreceu desinteresada e galantemente á Cámara".

Así o narra este parágrafo da acta de sesións celebrada nese ano e que aínda se conserva, malia que a punto estivo de queimarse nun incendio case un século despois. A Cámara, que o 2 de decembro de 2003 trasladouse á rúa República Arxentina, peregrinou por unha decena de locais ao longo da súa historia. Algúns foron provisionais e de aluguer, sobre todo nos primeiros tempos.

Da rúa do Príncipe pasou á rúa do Ramal (hoxe Colón) en 1887 para voltar a Príncipe pouco tempo despois. A principios de século, Vigo tiña unha poboación mercantil de 15.000 habitantes (a Cámara cobraba unhas taxas de entre 1 e 10 pesetas).

Naquel entón o porto xa era o primeiro de Galicia en movemento de buques (1.658) con 47.040 tripulantes, 24.317 pasaxeiros e 78.266 toneladas de mercadoría. Aínda así, o traxecto entre a cidade e a capital se dilataba 29 longas horas.A casa dun dos secretarios, Elado de Lema Martín, serviu tamén de sé para a institución, que despois estaría 26 anos nos locais do Círculo Mercantil.

O 23 de xullo de 1920, o presidente dá conta ao pleno de que os arrendadores pretendían elevar o aluguer a 200 pesetas mensuais, algo que de ningún modo podería permitirse a corporación. Por iso óptase por aceptar o ofrecemento da Federación Gremial de Patronos que dispón dun local (agora sé da Biblioteca Central) na rúa Joaquín Yañez, iso si, cun "moderado aluguer". Logo da Guerra Civil voltan os traslados, esta vez ao número 22 de Velázquez Moreno, onde estivera o Consulado Americano e a sé de Correos e Telégrafos e onde hoxe se levanta o Centro Social Caixanova. Ese foi o lugar no que a institución permaneceu máis tempo.

O 5 de febreiro de 1983 produciríase un incendio que case se leva por diante valiosos documentos dos fondos bibliográficos, o que deu pé a que comezase a fraguar un novo cambio. Ese cambio levou ás Galerías Durán ata chegar ás novas instalacións, que están concibidas para que, polo menos, a Cámara permaneza un longo periodo de tempo.