Fernando Conde Montero-Ríos

Fernando Conde Montero-Ríos

Fernando Conde Montero-Ríos, presidente da Cámara entre 1984 e 2001, foi o impulsor de moitos dos servizos que hoxe presta a institución. Nacido en Vigo en 1938, tres xeracións da súa familia precedéronlle na xestión da Cámara, que precisamente foi fundada ao amparo do Decreto de Eugenio Montero-Ríos, a cuxa familia estaba ligado por vía materna. O seu bisavó, Antonio Bibiano Conde González-Abarca, foi o segundo presidente da Cámara. O seu avó Fernando Conde Domínguez, que tamén sería alcalde de Vigo, ocupou o primeiro cargo de secretario en 1886. Máis de medio século despois, o seu pai, Fernando Conde de Ponche, exercería a presidencia durante trece anos.

Licenciado en Dereito, Fernando Conde Montero-Ríos especializouse en asuntos marítimos en Alemania, Francia e Inglaterra para, despois, incorporarse ás oficinas da empresa familiar "Fernando Conde e Cía". Á marxe da súa actividade profesional, desempeñou un papel importante na defensa dos intereses empresariais ao fronte de varias organizacións, como a Asociación de Navieiros e Consignatarios do Porto de Vigo, ou a través da súa participación na constitución da Confederación Provincial de Empresarios e no comité executivo da CEOE pola provincia de Pontevedra.

Entregado a Vigo

Durante os seus anos como presidente traballou para modernizar a Cámara e logrou implantar novos servizos, como os que hoxe prestan a Corte de Arbitraxe e a Bolsa de Subcontratación Industrial.

Unha das súas maiores preocupacións foi a falla de infraestructuras de comunicación en Galicia, o que lle levou a realizar numerosas reclamacións en distintos foros. Froito desa inquedanza, logrou que, en 1990, a Cámara fose a primeira de España en ter unha sala pública de videoconferencias, un medio de comunicación que permitiu que empresas como PSA Peugeot-Citroën puidesen manter reunións semanais con Francia sen ter que desprazar aos seus técnicos.

Comité executivo 98-01

  • Presidente:
    • Fernando Conde
  • Vicepresidente:
    • Javier Gros
  • Vicepresidente 2º:
    • Ramiro Gordejuela
  • Tesoureiro:
    • Eugenio Buján
  • Vogais:
    • José García Costas
    • Gregorio Gorriarán Laza
    • Gabriel Lozano Escribano
    • Antonio Portela Álvarez
    • Javier Romero Fadrique
    • José Silveira Cañizares