Medio ambiente

A Cámara, grazas ao apoio da Xunta de Galicia, creou un Servizo de Medio Ambiente propio que ten como obxetivo ofrecer ás empresas un apoio básico que permita a integración da variable ambiental na súa xestión interna.

Nesta sección, as pequenas e medianas empresas poden obter información gratuita sobre lexislación medioambiental, axudas, cursos e eventos relacionados coa materia, e sobre como adaptar o seu funcionamiento ao cada vez máis esixente entorno normativo nesta área.

Consulta medioambiental

A Cámara ofrece un servizo gratuito de Asesoramento Medioambiental que traballa para resolver cualquera dúbida relacionada coa xestión ambiental na empresa. A información aportada durante estas consultas será tratada exclusivamente pola Cámara de Vigo.

Para que poidamos realizar un diagnóstico preciso sobre a xestión medioambiental na súa empresa e aportar solucións adaptadas ás súas necesidades, pode descargar o formulario e remitírnolo a Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

Lexislación medioambiental

A Cámara de Comercio de Vigo pon a súa disposición un compendio de lexislación medioambiental clasificada por categorías para facilitar a súa búsqueda.

Para calquera consulta sobre lexislación medioambiental, no dubide en poñerse en contacto co Servizo de Medio Ambiente da Cámara de Comercio a través da nosa sección de Este enderezo electrónico está protexido contra spambots. É necesario activar Javascript para visualizalo

máis información

Bolsa de subproductos de Galicia

A Bolsa Electrónica de Subprodctos Industriais de Galicia ten como obxectivo a posta en marcha dun mercado rexional de subprodutos e/ou residuos (tratamento, compra e/ou venda), accesible a través de Internet dende calquera Empresa e en calquera momento.

máis información

Enlaces

Direccións de referencia para ampliar información

máis información