Cadernos ATA

A Cámara de Comercio de Vigo presta o servizo de emisión de Cadernos ATA directamente. Para iso é necesario presentarnos a oportuna solicitude cuns días de antelación á data requerida.

Para qué sirve un Caderno ATA

  • Para que calquera tipo de mercadoría, non perecedoira (alimentos ou bebidas), ou que requira unha elaboración ou reparación, poida viaxar fóra das suas fronteiras
  • Para ser amosado en feiras e exposicións, de carácter comercial, tanto privadas como oficiais
  • Para que os representantes comerciais ensinen os seus mostrarios en varios países sen necesidade de cambiar de documentación
  • Para mover mercadorías e equipos para a realización de traballos de tipo profesional: prensa, radio, cine, instalacións técnicas, teatro, acontecementos deportivos, etc.

Vantaxes dun Caderno ATA

  • Facilidade na obtención do documento
  • Baixo prezo
  • Posibilidade de viaxar a un gran número de países co mesmo documento
  • Axilización e simplificación do trámite aduaneiro
  • A garantía é única, con independencia do número de países que se vaian a visitar