"Breakfast & Speaking", o novo programa da Cámara para practicar inglés
Martes 01 de Marzo de 2011
A institución cameral porá en marcha, a partir do 9 de marzo, os almorzos para conversar, unha iniciativa que pretende ampliar a fluidez do idioma anglosaxón a prezos low-cost.
Todos os mércores, de 8:30 a 10:00 horas, os interesados poderán gozar dun café mentres falan de temas cotiáns e de actualidade, dirixidos por un experto, e podendo incorporarse ao encontro durante esa franxa horaria.