"Breakfast & Speaking" inaugúrase mañá con máis dunha trintena de participantes

A convocatoria para os encontros "Breakfast & Speaking" converteuse nun éxito de participación. E é que a grande demanda que xerou a iniciativa entre os usuarios levou o departamento de formación da Cámara de Vigo a organizar dúas sesións inaugurais: unha mañá e outra o xoves. O obxectivo deste programa, innovador pola súa flexibilidade horaria, permite mellorar a fluidez na conversación inglesa dunha forma amena e divertida.

Ver nota de prensa