Bolsas de subcontratación de Galicia

As empresas de subcontratación caracterízanse porque ofertan non tanto un produto senón unha tecnoloxía e uns medios de produción que se adaptan ás necesidades concretas de cada cliente, que é quen define as especificacións técnicas ou funcionais do elemento a fabricar en cada caso.

Obxectivo

O obxectivo principal da Bolsa de Subcontratación de Galicia é o fomento das relacións de subcontratación industrial entre o grupo de empresas galegas adheridas voluntariamente ao servizo e todas aquelas firmas que desexen atopar un colaborador eficaz no ámbito rexional de Galicia.

Co fin de promocionar ás empresas adheridas, a Bolsa participa regularmente en certames internacionais do sector recollendo oportunidades de negocio para as súas empresas. Así mesmo organiza as participacións das empresas que desexan expoñer nestas feiras e ocúpase de realizar as xestións oportunas para que estas empresas poidan recibir subvencións para financiar estas accións.

Outro dos instrumentos de promoción é a creación e mantemento desta Base de Datos de Empresas de Subcontratación Industrial de Galicia, onde se pode atopar información sobre a oferta das nosas empresas. Se non atopa o proveedor que está buscando ou desexa formular unha consulta concreta para recibir as ofertas das nosas empresas non dubide en dirixirse ao noso servizo achegando toda a información técnica oportuna. .