Bolsa de subproductos de Galicia

Os destinatarios preferentes, pero non únicos, son os Pequenos Produtores (aqueles que xeneran ou importan menos de 10.000 Kg/ano de residuos perigosos e adoptan tal condición a través da inscrición no correspondente Libro de Rexistro).

A través da páxina web de BES-CAMas Empresas poden:

  • Asesorarse técnica e legalmente sobre as súas responsabilidades como produtores de residuos, a lexislación medioambiental aplicable, os organismos implicados e os sistemas de xestión máis axeitados en cada caso.
  • Ofertar os seus subprodutos á Cámara de Comercio, Industria e Navegación para que ela se encargue de buscar o seu destino máis axeitado.
  • Demandar subprodutos que xeneren outras empresas para incorporalos como materia prima nos seus procesos produtivos.

Para inscribirse neste servizo deben enviarnos a ficha de inscripción cumplimentada ou ben cumplimentar o formulario de inscrición que aparece na páxina web de BES-CAM. Unha vez enviado dito formulario, a Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo comunicará á Empresa o seu número de rexistro co que poden acceder a todos os servizos.

Canto máis detallada sexa a información que poidan facilitarnos, maior coñecemento teremos da súa empresa e mellor será o resultado de búsqueda dunha actividade ou produto concreto.