O Presidente

José García Costas (Vigo, 4 junio 1944)

José García Costas está vinculado directamente coa Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo dende o 10 de xuño de 1998, data en que foi elixido vogal do Pleno e do Comité Executivo da institución.

O 27 de marzo de 2001 foi elixido presidente, tras renunciar ao seu posto o anterior por motivos de saúde reelixido, como tal, o 5 de xuño de 2002, trala renovación do Pleno. O 26 de Xuño de 2006, foi reelixido de novo, para un mandato de 4 anos.

Como representante da Corporación é:

  • Vicepresidente do Padroado da Fundación Provigo e a súa Área,
  • membro do Padroado e do Comité Executivo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI),
  • do Pleno e Comité Executivo do Consorcio da Zona Franca de Vigo
  • do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo
  • da Asamblea Xeral e do Consello de Administración de Caixanova
  • do Padroado da Fundación Instituto Cameral para a Creación e o Desarrollo da Empresa (INCYDE),
  • do Consello de Administración de Camerpyme, S.A. e do Pleno do Consello Superior de Cámaras.
  • É tamén o representante no Consello de Administración da sociedade de capital risco Unirisco Galicia SCR, S.A.