Política de Calidade e Medio Ambiente

A Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo, é unha Corporación de Dereito Público, que ten como meta fundamental a Defensa e Promoción dos Intereses Xerais do Comercio, a Industria e a Navegación no ámbito xeográfico da súa demarcación.

Para acadar esa meta, a Cámara ten a firme vontade de ser o organismo económico de referencia na súa demarcación, e para iso mellorar, de xeito permanente e continuo, os servizos que presta actualmente, ou os que poida chegar a prestar, tanto a electores como a non electores.

ISO 9001 y 14001
Certificado ISO 9001 y 14001

Neste senso, os recursos da Cámara serán xestionados de acordo co presente Sistema Integrado, e sempre dentro das disposicións legais vixentes, para facer crecer o nivel de coñecemento e recoñecemento da Cámara por parte dos actores económicos da demarcación, así como o grao de satisfacción dos usuarios dos seus servizos.

Así mesmo, consciente da importancia da preservación do ambiente, e da necesidade de que todo desenvolvemento económico resulte sostible e, polo tanto, compatible coa protección e mellora do entorno, a Cámara manifesta o seu firme compromiso de minimizar calquer posible impacto sobre o medio ambiente, prevención da contaminación, e de iniciar e fomentar, dentro das súas posibilidades, accións encamiñadas á mellora continua do desempeño ambiental da propia organización.

O Pleno.