Fernando Casuso Silva

Fernando Casuso Silva

Fernando Casuso Silva exerceu a presidencia da institución durante seis anos, entre 1978 e 1984, logo de doce como representante no Pleno.

En calidade de empresario, foi o primeiro administrador xeral da Metalúrxica, atao seu peche a principios da década dos 80. A Metalúrxica, situada en García Barbón, aínda conserva a fachada da primeira fábrica de litografía sobre lata de Galicia, posta en marcha a finais do s. XIX por Antonio Alonso.

Líder do movemento empresarial

O coñecemento da industria metalúrxica conduciu a Fernando Casuso á primeira presidencia de ASIME, Asociación de Industriais e Metalúrxicos de Galicia, constituída en 1977. Hoxe en día ten integradas a preto dun milleiro de empresas que representan a máis do 90% do emprego, facturación e investimento na construción naval, automoción, construcións metálicas, forxa, fundición, estampación, ascensores, recubrimentos, acabados e outras actividades relacionadas.

Pola mesma época na que accedeu á presidencia de ASIME, Casuso Silva participou na constitución da CEOE (Confederación Española de Organizacións Empresariais) ao longo de todo o país, a través da vicepresidencia da organización territorial da CEOE en Pontevedra.

Xunta directiva 1978

  • Bernardo Sánchez Carrete, vicepresidente primeiro
  • Fernando Conde Montero Ríos, vicepresidente segundo
  • Juan Manuel Novo Melón, tesoureiro
  • Guillermo Rey Beriza, contador