Fernando Conde Montero-Ríos
Fernando Conde Montero-Ríos
Fernando Conde Montero-Ríos, presidente da Cámara entre 1984 e 2001, foi o impulsor de moitos dos servizos que hoxe presta a institución. Nacido en Vigo en 1938, tres xeracións da súa familia precedéronlle na xestión da Cámara, que precisamente foi fundada ao amparo do Decreto de Eugenio Montero-Ríos, a cuxa familia estaba ligado por vía materna. O seu bisavó, Antonio Bibiano Conde González-Abarca, foi o segundo presidente da Cámara. O seu avó Fernando Conde Domínguez, que tamén sería alcalde de Vigo, ocupou o primeiro cargo de secretario en 1886. Máis de medio século despois, o seu pai, Fernando Conde de Ponche, exercería a presidencia durante trece anos.
Licenciado en Dereito, Fernando Conde Montero-Ríos especializouse en asuntos marítimos en Alemania, Francia e Inglaterra para, despois, incorporarse ás oficinas da empresa familiar "Fernando Conde e Cía". Á marxe da súa actividade profesional, desempeñou un papel importante na defensa dos intereses empresariais ao fronte de varias organizacións, como a Asociación de Navieiros e Consignatarios do Porto de Vigo, ou a través da súa participación na constitución da Confederación Provincial de Empresarios e no comité executivo da CEOE pola provincia de Pontevedra.
Entregado a Vigo
Durante os seus anos como presidente traballou para modernizar a Cámara e logrou implantar novos servizos, como os que hoxe prestan a Corte de Arbitraxe e a Bolsa de Subcontratación Industrial.
Unha das súas maiores preocupacións foi a falla de infraestructuras de comunicación en Galicia, o que lle levou a realizar numerosas reclamacións en distintos foros. Froito desa inquedanza, logrou que, en 1990, a Cámara fose a primeira de España en ter unha sala pública de videoconferencias, un medio de comunicación que permitiu que empresas como PSA Peugeot-Citroën puidesen manter reunións semanais con Francia sen ter que desprazar aos seus técnicos.
Comité executivo 98-01
- Presidente:
- Fernando Conde
- Vicepresidente:
- Javier Gros
- Vicepresidente 2º:
- Ramiro Gordejuela
- Tesoureiro:
- Eugenio Buján
- Vogais:
- José García Costas
- Gregorio Gorriarán Laza
- Gabriel Lozano Escribano
- Antonio Portela Álvarez
- Javier Romero Fadrique
- José Silveira Cañizares