Notas de prensa

Cámara de Comercio e CEP denuncian o trato negativo a Vigo e provincia

Luns 24 de Outubro de 2011

Os presidentes da Cámara de Comercio de Vigo e da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP),  José García Costas e José Manuel Fernández Alvariño, respectivamente, saíron hoxe na defensa de Vigo e da provincia de Pontevedra, diante da marxinación que sofren nos proxectos de infraestruturas e que pon en risco a competitividade do tecido empresarial. 

Ver nota de prensa


   

A Cámara de Vigo fomenta o emprendemento en máis de 350 mozos

Luns 17 de Outubro de 2011

A Cámara de Vigo inicia as Xornadas para o Fomento do Espírito Emprendedor, coa intención de orientar e sensibilizar a estudantes sobre esta opción laboral. Coa participación de máis de 350 alumnos, en 2011 visitaranse sete institucións.

Ver nota de prensa


   

43 empresas galegas do sector de produtos do mar fortalecen os seus lazos co exterior

Venres 07 de Outubro de 2011

 

Por sétimo ano consecutivo as Cámaras de Comercio de Vigo e Pontevedra, celebraron no marco da feira Conxemar o Encontro Internacional da Pesca EUROFISH VIGO 2011, unha misión inversa de comercio exterior na que se levaron a cabo máis de 500 encontros empresariais entre 27 empresas estranxeiras e 43 galegas do sector.
Ver nota de prensa
Ver informe


   

As Cámaras de Vigo e Panamá únense para fomentar os contactos empresariais entre ambos países

Venres 23 de Septembro de 2011

Os dous entes camerais firman un protocolo de colaboración para organizar as axendas de traballo nas misións comerciais que se levan a cabo no país centroamericano.

Ver nota de prensa


   

Empresarios demandan aos sindicatos locais que desconvoquen a folga

Mércores 14 de Septembro de 2011

Os máximos dirixentes da Cámara de Comercio de Vigo, a CEP, Asime e Instalectra condearon a convocatoria de folga dos traballadores do naval de Vigo, prevista para o vindeiro xoves e realizada só polos sindicatos locais, cando as dificultades polas que atravesa o sector son comúns a toda España.

Ver nota de prensa

Ver fotografía


   

A Cámara de Vigo celebra o I Encontro Europeo de Subcontratación Industrial en Galicia con máis dun centenar de reunións

Mércores 20 de Xulio de 2011

Un total de 62 empresas, entre provedores españois e compradores europeos, participan nesta iniciativa coa que se pretende dar un novo impulso á internacionalización.

Ver nota de prensa

Ver foto


   

A Cámara lanza o seu servizo de Recobro Internacional para garantir a exportación

Venres 08 de Xulio de 2011

O acredor non precisa facer provisións de fondos, nin entrar en accións xudiciais transfronterizas de difícil comprensión e alto custe. Se un impago non se consigue solucionar, o cliente non debe aboar ningunha cantidade.

Ver nota de prensa


   

O Viveiro da Cámara recibe a tres novas empresas e completa o seu aforo

Mércores 06 de Xulio de 2011

Estas instalacións viron nacer desde o seu inicio máis de 70 pemes, o 80% das cales aínda continúan en activo tras a súa experiencia cameral.

Ver nota de prensa


   

Asociacións provinciais reclaman a regulación do sector para clarificar a oferta turística

Xoves 30 de Xuño de 2011

A Cámara reuniu aos representantes de diferentes agrupacións sectoriais, dentro das actividades que as antenas licaus da institución cameral programan anualmente. Durante o panel empresarial, os técnicos traballaron cun estudio de turismo elaborado pola Cámara de Vigo que reflicte unha importante recuperación do sector.

(Ver estudio)

Ver nota de prensa

Ver fotografía del encuentro


   

A Cámara pon en marcha un plan para asegurar a pervivencia das empresas

Venres 24 de Xuño de 2011

A institución cameral traballa para facilitar a transmisión de negocios entre empresarios que desexan concluir a súa actividade e emprendedores que están dispostos a continuala. O "Plan de Continuidade Empresarial" está dirixido principalmente ao sector industrial e de desenvolverá entre os vindeiros meses de xuño e decembro.

Ver nota de prensa


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL