Notas de prensa

A Cámara lanza o seu servizo de Recobro Internacional para garantir a exportación

Venres 08 de Xulio de 2011

O acredor non precisa facer provisións de fondos, nin entrar en accións xudiciais transfronterizas de difícil comprensión e alto custe. Se un impago non se consigue solucionar, o cliente non debe aboar ningunha cantidade.

Ver nota de prensa


   

O Viveiro da Cámara recibe a tres novas empresas e completa o seu aforo

Mércores 06 de Xulio de 2011

Estas instalacións viron nacer desde o seu inicio máis de 70 pemes, o 80% das cales aínda continúan en activo tras a súa experiencia cameral.

Ver nota de prensa


   

Asociacións provinciais reclaman a regulación do sector para clarificar a oferta turística

Xoves 30 de Xuño de 2011

A Cámara reuniu aos representantes de diferentes agrupacións sectoriais, dentro das actividades que as antenas licaus da institución cameral programan anualmente. Durante o panel empresarial, os técnicos traballaron cun estudio de turismo elaborado pola Cámara de Vigo que reflicte unha importante recuperación do sector.

(Ver estudio)

Ver nota de prensa

Ver fotografía del encuentro


   

A Cámara pon en marcha un plan para asegurar a pervivencia das empresas

Venres 24 de Xuño de 2011

A institución cameral traballa para facilitar a transmisión de negocios entre empresarios que desexan concluir a súa actividade e emprendedores que están dispostos a continuala. O "Plan de Continuidade Empresarial" está dirixido principalmente ao sector industrial e de desenvolverá entre os vindeiros meses de xuño e decembro.

Ver nota de prensa


   

Novo convenio da Cámara para a organización de axendas comerciais en Reino Unido

Venres 17 de Xuño de 2011

As empresas da demarcación interesadas en abrir mercado no país, e que xestionen este servizo a través da institución cameral viguesa, beneficiaranse de casi un 50% de desconto no orzamento final.

Ver nota de prensa


   

A Cámara acollerá o I Encontro Europeo de Subcontratación Industrial en Galicia

Martes 07 de Xuño de 2011

Para esta primeira edición, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo, prevese a celebración de máis dun centenar de reuniósn de negocios entre empresas españolas e responsables de compras europeos.

Ver nota de prensa


   

A Cámara de Vigo iniciará o cobro das cotas de 2011 ás empresas a partir de xuño

Venres 27 de Maio de 2011

A institución cameral lembra que, aínda que a pertenza ás Cámaras é voluntario desde o pasado 1 de xaneiro, as empresas aínda están obrigadas durante este ano a cumprir as súas obligacións tributarias con estas entidades.

Ver nota de prensa


   

A competitividade industrial nos países low-cost e as claves para superar a crise centran dous seminarios na Cámara

Venres 13 de Maio de 2011

As xornadas, que se celebrarán os días 24 e 25 de maio respectivamente, enmárcanse dentro do Programa Diversifica.

Ver nota de prensa


   

Case un centenar de alumnos aprenderán "Como vender en 59 segundos"

Mércores 13 de Abril de 2011

A Cámara de Vigo acolle un novidoso relatorio titulado "Como vender en 59 segundos", un modelo de vendas máis actual, eficiente e exitoso. Case un centenar de persoas daranse cita no salón de actos da institución cameral para escoitar esta charla, que correrá a cargo de Laura Cantizano, directora da área de investigación do Instituto Europeo de I+D+I da Forza de Vendas e Presidenta do Foro de Vendedores en España. Ver nota de prensa


   

A Cámara de Vigo celebra mañá a xornada "Muller e Sectores Emerxentes"

Mércores 30 de Marzo de 2011

O evento nace co obxectivo de apoiar a creación, consolidación e mellora de empresas lideradas por mulleres en sectores económicos emerxentes, nos que se están a detectar  oportunidades de negocio. O programa, dirixido a mulleres emprendedoras e empresarias e a promotores sociais, quere tamén combater a segregación ocupacional que existe actualmente en torno ao xénero, fomentando a participación da muller nos sectores emerxentes da actividade económica que rexistran crecementos superiores á media e xeran emprego.

Ver nota de prensa


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL