Notas de prensa

Empresas galegas viaxan á India na primeira misión estudo organizada pola Cámara

Luns 07 de Xuño de 2010

O sector da pesca é o protagonista desta acción, na que está previsto que as firmas galegas fagan un percorrido polos principais portos pesqueiros e comerciais do país: Mumbai, Cochin e Ceñía. A axenda da viaxe contempla a visita aos máis relevantes centros de produción en cada zona.

Ver nota de prensa


   

En marcha un servizo gratuito de información mensual para demandantes de emprego

Xoves 03 de Xuño de 2010

O departamento da institución enviará un boletín coas ofertas de traballo activas na base de datos. As empresas que así o desexen poden introducir, de xeito gratuito, ofertas na bolsa da Cámara, que conta con información de máis de mil candidatos.

Ver nota de prensa


   

Satisfacción das firmas galegas nos encontros empresariais organizados pola Cámara de Vigo para Navalia 2010

Mércores 26 de Maio de 2010

Dúas empresas pertencentes á industria auxiliar do sector confirmaron ao término do evento a sinatura de novos contratos. A concentración de reunións nun mismo lugar e o coste cero da iniciativa son as dúas características máis valoradas polos responsables empresariais participantes nesta misión inversa.
Nota de prensa


   

A Cámara de Comercio de Vigo abre o prazo para participar no programa PIPE 2010

Venres 14 de Maio de 2010

A Cámara de Comercio de Vigo abre dende mañaá e ata o 15 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para participar no Plan de Iniciación á Promoción Exterior 2010, máis coñecido como PIPE.

Ver nota de prensa


   

Empresas galegas e estranxeiras manterán máis de 800 encontros vis a vis durante a misión comercial inversa en Navalia

Luns 10 de Maio de 2010

A Cámara de Comercio de Vigo e Pontevedra organizan a acción, que multiplicou por catro o número de participantes con respecto á anterior edición. As cifras non enganan e, en plena crise internacional, a misión comercial inversa que con motivo de NAVALIA organiza a Cámara de Comercio de Vigo xunto coa de Pontevedra multiplicou o número de empresas participantes con respecto á anterior edición. 

Ver nota de prensa
Ver foto


   

Máis de 60 empresas galegas e portuguesas adhírense ao Proxecto Red Xenera para a redución de residuos

Xoves 15 de Abril de 2010

O programa conta xa con 71 R-agents ou expertos en residuos, cuxa misión será propor plans de acción ás empresas para a prevención, redución e valorización de residuos.
Ver nota de prensa


   

García Costas pide “moderación e prudencia” ante o proceso de negociación das caixas galegas

Xoves 08 de Abril de 2010

O presidente da Cámara de Comercio de Vigo aclarou aos medios que, ata o momento, os responsables de ámbalas entidades asinaron un documento que “non compromete, nada máis, que a iniciar un estudio que posibilite o que todos coñecemos como unha fusión”.

Ver nota de prensa


   

O 85,87% dos establecementos adicados á alimentación viron caer as súas vendas no último semestre

Xoves 08 de Abril de 2010

Os datos do III Informe de Coxuntura do Comercio Minorista revelan que son os establecementos do núcleo comercial secundario de Vigo os que máis acusan a crise. O dato positivo na terceira edición deste estudio volve a ser o compromiso dos comerciantes co emprego, xa que o 88,95% mantivo os seus equipos.

Ver nota de prensa

Ver resume do informe

Ver foto

 


   

Empresas galegas buscan en Centroamérica a súa oportunidade de abrir mercado

Venres 12 de Marzo de 2010

Técnicos da Cámara de Comercio encóntranse nunha misión comercial plurisectorial a Costa Rica, Panamá e Honduras. Ao longo do mes a institución organiza a participación de empresas en cinco feiras de subcontratación en Europa, unha de cruceiros en Miami e outra de conxelados en Boston.

Ver nota de prensa


   

Os comerciantes do Mercado Municipal de Ponteareas estudan técnicas para atraer a clientes

Luns 08 de Marzo de 2010

Innovación, novas técnicas de promoción e venta e orientación al cliente. É o que aprenderán dende mañá y ata final de mes os comerciantes del Mercado Municipal de Ponteareas que se apuntaran ao curso organizado expresamente para eles pola Cámara de Comercio e o Concello.

Ver nota de prensa


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL