A Cámara celebra unha xornada para coñecer as necesidades das pymes
Mércores 15 de Decembro de 2010
A Cámara de Comercio de Vigo celebra mañá o seminario "Como detectar as necesidades de cambio na pyme", unha xornada de intensificación que se enmarca dentro do Proxecto Feira do Coñecemento. Ao lago desta charla, diferentes profesionais reflexionarán sobre as posibilidades que ofrecen os centros de investigación e as necesidades que teñen as empresas no seu día a día.