A Cámara de Vigo celebra mañá a xornada "Muller e Sectores Emerxentes"
Mércores 30 de Marzo de 2011
O evento nace co obxectivo de apoiar a creación, consolidación e mellora de empresas lideradas por mulleres en sectores económicos emerxentes, nos que se están a detectar oportunidades de negocio. O programa, dirixido a mulleres emprendedoras e empresarias e a promotores sociais, quere tamén combater a segregación ocupacional que existe actualmente en torno ao xénero, fomentando a participación da muller nos sectores emerxentes da actividade económica que rexistran crecementos superiores á media e xeran emprego.