Rumanía escollida por empresarios galegos para fortalecer lazos comerciais
Luns 21 de Novembro de 2011
Entre o 22 e o 27 de novembro, sete empresas galegas establecerán relacións comerciais en Rumanía a través dunha Misión Comercial organizada pola Cámara de Comercio de Vigo. A actividade, aberta a negocios de todos os sectores, está dominada polas empresas vencelladas á construción ou á pesca.