Sector industrial galego representado en Navalia 2012 pola Cámara de Vigo

 

A Bolsa de Subcontratación Industrial de Galicia (SubcontEx), xestionada pola Cámara de Vigo, estivo presente en Navalia 2012 para informar da oferta que existe de empresas que se dedican á subcontratación industrial e fomentar as súas relacións comerciais con empresas, clientes ou contratistas no posto informativo. Nesta edición os visitantes mostraron especial interese nos provedores industriais de partes para o sector petroquímico e de gas.

Ver nota de prensa