Notas de prensa

Novo convenio da Cámara para a organización de axendas comerciais en Reino Unido

Venres 17 de Xuño de 2011

As empresas da demarcación interesadas en abrir mercado no país, e que xestionen este servizo a través da institución cameral viguesa, beneficiaranse de casi un 50% de desconto no orzamento final.

Ver nota de prensa


   

A Cámara acollerá o I Encontro Europeo de Subcontratación Industrial en Galicia

Martes 07 de Xuño de 2011

Para esta primeira edición, que terá lugar os días 20 e 21 de xullo, prevese a celebración de máis dun centenar de reuniósn de negocios entre empresas españolas e responsables de compras europeos.

Ver nota de prensa


   

A Cámara de Vigo iniciará o cobro das cotas de 2011 ás empresas a partir de xuño

Venres 27 de Maio de 2011

A institución cameral lembra que, aínda que a pertenza ás Cámaras é voluntario desde o pasado 1 de xaneiro, as empresas aínda están obrigadas durante este ano a cumprir as súas obligacións tributarias con estas entidades.

Ver nota de prensa


   

A competitividade industrial nos países low-cost e as claves para superar a crise centran dous seminarios na Cámara

Venres 13 de Maio de 2011

As xornadas, que se celebrarán os días 24 e 25 de maio respectivamente, enmárcanse dentro do Programa Diversifica.

Ver nota de prensa


   

Case un centenar de alumnos aprenderán "Como vender en 59 segundos"

Mércores 13 de Abril de 2011

A Cámara de Vigo acolle un novidoso relatorio titulado "Como vender en 59 segundos", un modelo de vendas máis actual, eficiente e exitoso. Case un centenar de persoas daranse cita no salón de actos da institución cameral para escoitar esta charla, que correrá a cargo de Laura Cantizano, directora da área de investigación do Instituto Europeo de I+D+I da Forza de Vendas e Presidenta do Foro de Vendedores en España. Ver nota de prensa


   

A Cámara de Vigo celebra mañá a xornada "Muller e Sectores Emerxentes"

Mércores 30 de Marzo de 2011

O evento nace co obxectivo de apoiar a creación, consolidación e mellora de empresas lideradas por mulleres en sectores económicos emerxentes, nos que se están a detectar  oportunidades de negocio. O programa, dirixido a mulleres emprendedoras e empresarias e a promotores sociais, quere tamén combater a segregación ocupacional que existe actualmente en torno ao xénero, fomentando a participación da muller nos sectores emerxentes da actividade económica que rexistran crecementos superiores á media e xeran emprego.

Ver nota de prensa


   

Máis dun centenar de persoas acudirán mañá á xornada "Oportunidades de negocio na xestión de residuos da Eurorregión Galicia-Norte de Portugal"

Mércores 16 de Marzo de 2011

O evento constituirá a clausura oficial do Proxecto Rede Xera, posto en marcha en xuño 2009 e no que participaron 103 empresas da rexión transfronteiriza, cunha charla que reunirá prestixiosos expertos que abordarán a xestión de diferentes tipos de residuos.

Ver nota de prensa


   

"Breakfast & Speaking" inaugúrase mañá con máis dunha trintena de participantes

Martes 08 de Marzo de 2011

A convocatoria para os encontros "Breakfast & Speaking" converteuse nun éxito de participación. E é que a grande demanda que xerou a iniciativa entre os usuarios levou o departamento de formación da Cámara de Vigo a organizar dúas sesións inaugurais: unha mañá e outra o xoves. O obxectivo deste programa, innovador pola súa flexibilidade horaria, permite mellorar a fluidez na conversación inglesa dunha forma amena e divertida.

Ver nota de prensa


   

"Breakfast & Speaking", o novo programa da Cámara para practicar inglés

Martes 01 de Marzo de 2011

 

A institución cameral porá en marcha, a partir do 9 de marzo, os almorzos para conversar, unha iniciativa que pretende ampliar a fluidez do idioma anglosaxón a prezos low-cost.

Todos os mércores, de 8:30 a 10:00 horas, os interesados poderán gozar dun café mentres falan de temas cotiáns e de actualidade, dirixidos por un experto, e podendo incorporarse ao encontro durante esa franxa horaria.

Ver nota de prensa


   

A Cámara pon en marcha o Programa Diversifica dirixido á industria auxiliar da automoción

Mércores 16 de Febreiro de 2011

Coa premisa de axudar ás empresas especialmente afectadas pola crise, a Cámara de Comercio de Vigo, en colaboración co Consejo Superior de Cámaras e o Fondo Social Europeo, pon en marcha o Programa de Diversificación Sectorial para a Industria Auxiliar de Automoción. A iniciativa ten por obxectivo, ao longo das súas actuacións, apoiar ás pequenas e medianas empresas da industria auxiliar de automoción, buscando o seu fortalecemento coa captación de novos sectores cliente e apoiando a súa reconversión e adaptación aos novos sectores.

Ver nota de prensa


   

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL